Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se que se fai pública a formalización da contratación do servizo de vixilancia e seguridade en varios centros dependentes desta secretaría na provincia de Pontevedra (expediente 1/2017; dous lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=110981

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Secretaría Xeral para o Deporte en Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes.

Lote 1: servizo de vixilancia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Lote 2: servizo de vixilancia e actividades complementarias da Casa do Deporte de Vigo.

d) CPV: 79710000-4 Servizos de seguridade.

79714000-2 Servizos de vixilancia.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 41, do 28 de febreiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado do contrato: 203.920,94 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 101.960,47 €. IVE (21 %): 21.411,71 €. Importe total: 123.372,18 €, conforme a seguinte distribución por lotes:

Lote 1. Importe neto: 70.689,67 €. Importe total: 85.534,51 €.

Lote 2. Importe neto: 31.270,81 €. Importe total: 37.837,67 €.

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

Lote 1: servizo de vixilancia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

a) Data de adxudicación: 5 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2017.

c) Contratista: Grupo RMD Seguridad, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 68.880,00 €. Importe total. 83.344,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Lote 2: servizo de vixilancia e actividades complementarias da Casa do Deporte de Vigo. Deserto.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte