Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24442

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado de 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta Reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual (2ª edición) pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 3 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual (2ª edición)
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Universidades participantes: Vigo

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………………

Optativas…………………………………...............

Prácticas externas…………………………………

Traballo fin de máster…………………................

66

24

18

12

Créditos totais……………...

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Fundamentos da Imaxe Plástica

6

Obrigatorio

Fundamentos

Fundamentos da Imaxe Dixital

6

Obrigatorio

Fundamentos

Fundamentos do Proxecto Didáctico-Pedagóxico

6

Obrigatorio

Fundamentos

O Proceso Literario

6

Obrigatorio

Procesos de produción

O Proceso Plástico Secuencial

6

Obrigatorio

Procesos de produción

Proceso de Animación Audiovisual I

6

Obrigatorio

Procesos de produción

O Libro Ilustrado: Proceso Creativo

6

Obrigatorio

Procesos de produción

Proceso de Animación Audiovisual II

12

Obrigatorio

Procesos de produción

Proceso de Edición e Posprodución Audiovisual

6

Obrigatorio

Procesos de produción

Proxecto Libro Ilustrado

12

Optativo

Proxectos

Proxecto Álbum Ilustrado

12

Optativo

Proxectos

Proxecto Animación Audiovisual Stop Motion

12

Optativo

Proxectos

Proxecto Animación Audiovisual Tradicional

12

Optativo

Proxectos

Implementación Didáctica: Recursos

6

Obrigatorio

Proxectos

Prácticas en empresas

18

Obrigatorio

Prácticas en empresas

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, o alumnado deberá superar os 120 ECTS dos que consta o máster.