Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24447

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se publica o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Construción polo de máster universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións e o seu novo plan de estudos.

Establecida a necesidade de cambiar a denominación do máster universitario en Enxeñaría da Construción por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de data vinte oito de outubro do dous mil quince (sentenza 583/2015), relativa ao recurso contencioso-administrativo nº 235/2014 interposto polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos contra a Resolución do 10 de xuño do 2014, pola que se publicou o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Edificación e Construcións Industriais da Universidade de Vigo pola de máster universitario en Enxeñaría da Construción.

Reunida a comisión académica do dito máster o día 16 de xuño do 2016 acordou aprobar o cambio de denominación por máster universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións, obtendo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia con data 11 de novembro do 2016 para a nova denominación e a súa inclusión no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

Polo exposto, esta reitoría, en virtude do disposto no artigo 28.3 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, na redacción dada polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o anterior, resolve ordenar a publicación do mencionado cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría da Construción pola de máster universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións pola Universidade de Vigo, así como a publicación do plan de estudos correspondente.

Esta resolución deixa sen efecto a Resolución reitoral de data 10 de xuño do 2014 pola que se publicou o plan de estudos do título agora modificado (Boletín Oficial del Estado, do 2 de xullo).

Vigo, 3 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Universidades participantes: Vigo

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………………

Optativas…………………………………...............

Prácticas externas…………………………………

Traballo fin de máster…………………................

20

30

0

10

Créditos totais……………...

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Recursos Humanos e Prevención de Riscos

4

Obrigatorio

Común

Xestión de Proxectos

4

Obrigatorio

Común

Xestión Interna da Empresa

5

Obrigatorio

Común

Documentación de Proxectos e Obras

4

Obrigatorio

Común

Dereito Urbanístico

3

Obrigatorio

Común

Patoloxía, Rehabilitación e Reforzo

3

Optativo

Especialidade: Estruturas

Xeotecnia Aplicada, Cimentacións e Estruturas de Contención

4

Optativo

Especialidade: Estruturas

Sistemas de Pretensado e Postesado. Prefabricación

3

Optativo

Especialidade: Estruturas

Análise Dinámica

3

Optativo

Especialidade: Estruturas

Estruturas de Aceiro e Mixtas

5

Optativo

Especialidade: Estruturas

Cálculo Estrutural. Aplicación do Método de Elementos Finitos

4

Optativo

Especialidade: Estruturas

Estruturas de Fábrica e de Madeira

3

Optativo

Especialidade: Estruturas

Estruturas de Formigón Armado

5

Optativo

Especialidade: Estruturas

Instalacións Eléctricas

6

Optativo

Especialidade: Instalacións

Instalacións Contraincendios

3

Optativo

Especialidade: Instalacións

Acústica e Ruído

3

Optativo

Especialidade: Instalacións

Instalacións de Abastecemento e Saneamento

3

Optativo

Especialidade: Instalacións

Instalacións Térmicas

6

Optativo

Especialidade: Instalacións

Instalacións de Telecomunicacións

3

Optativo

Especialidade: Instalacións

Instalacións Complementarias

3

Optativo

Especialidade: Instalacións

Instalacións de Gas e Aire Comprimido

3

Optativo

Especialidade: Instalacións

Traballo fin de máster

10

Optativo

Especialidade: Instalacións

Traballo fin de máster

10

Optativo

Especialidade: Estruturas

Para a obtención do título de máster universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.