Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24463

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5271/2016 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5271/2016 MRA

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 178/2014. Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Alberto Vázquez García

Avogada: Natalia Erviti Álvarez

Recorridos: Fogasa, Jandei, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E., JNM Services Company, S.L., Jandei Security, S.L., Javier Jesús Núñez Montero

Avogado/a: Fogasa

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5271/2016 desta sección, seguido por instancia de Alberto Vázquez García contra o Fogasa, Jandei, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E., JNM Services Company, S.L., Jandei Security, S.L., Javier Jesús Núñez Montero, sobre incidentes de execución, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Alberto Vázquez García contra o auto do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 21 de xuño de 2016, en autos nº 896/2008 – execución de títulos xudiciais nº 178/2014, que confirmamos.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galery Engineering, S.L.N.E., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza