Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan as persoas interesadas nos expedientes de subvención para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais 18150022/2016 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para declarar a denegación da solicitude da axuda relativa aos expedientes de subvención números 18150022/2016 e 18360018/2016 (Orde do 22 de setembro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais, e se convocan para o ano 2016).

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédese ás persoas interesadas un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a denegación da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 18150022/2016.

Interesado: Luis Manuel Martínez Quemada.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Zúñiga, 15, 1º B, 47001 Valladolid.

Expediente: procedemento para declarar a denegación da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 18360018/2016.

Interesada: CMVMC de Alxán, Pedroxo e Laxial.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Alxán de Arriba, 61, Soutomaior (San Salvador), 36691 Soutomaior (Pontevedra).