Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de traspaletas pesadoras, balanzas, arquetas cegas, marquesiñas e sinalética para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=161796

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 5/2017 CA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de traspaletas pesadoras, balanzas, arquetas cegas, marquesiñas e sinalética para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

c) División por lotes e número: si. Cinco (5) lotes: número 1.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: número 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 42415110-2; lote 2: 42923110-6; lote 3: 44115710-9; lote 4: 44132000-4; lote 5: 34928470-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 1.189.030,79 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.189.030,79 €. Lote 1: 42.048,00 €; lote 2: 6.960,00 €; lote 3: 867.000,00 €; lote 4: 268.472,79 €; lote 5: 4.550,00 €. Importe total: 1.438.727,26 €. Lote 1: 50.878,08 €; lote 2: 8.421,60 €; lote 3: 1.049.070,00 €; lote 4: 324.852,08 €; lote 5: 5.505,50 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE). Lote 1: 2.102,40 €; lote 2: 348,00 €; lote 3: 43.350,00 €; lote 4: 13.423,64 €; lote 5: 227,50 €.

7. Subcontratación: número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 20 de xuño de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de maio de 2017.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio