Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, criterio prezo, do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), curso 2017/18 (35 lotes) (expediente 3/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar). Curso 2017/18.

c) Prazo de execución: duración do programa Xogade organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte (prazo previsto de nove meses, desde o 1 de setembro de 2017 ata o 31 de maio de 2018).

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPV: 60140000-1 (servizos de transporte non regular de pasaxeiros).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 430.305,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 430.305,00 €, IVE (10 %): 43.030,50 €, importe total: 473.335,50 €, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2016: 58.757,34 €, IVE incluído.

Ano 2017: 414.578,16 €, IVE incluído.

A distribución por lotes especifícase no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a epígrafe H do cadro de características do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas epígrafes J e K do cadro de características do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 144525

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 6 de xuño de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56). Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na citada documentación.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 27 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte