1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
4º. Teléfono: 881 54 27 87.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5 de xuño de 2017.
d) Número de expediente: MI-SER1-17-014.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva de test rápidos para uso profesional fóra de laboratorio, con destino ás xerencias de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/3.
d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 33141625-7, 33124131-2.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-45 |
Calidade técnica do produto |
0-45 |
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-55 |
Oferta económica |
0-50 |
Loxística |
0-5 |
4. Valor estimado do contrato: 3.275.006,40 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 1.091.668,80 euros. Importe total: 1.232.081,73 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso:
Solvencia económica e financeira: volume anual de negocios da empresa no curso dos tres últimos anos. Bastará que nun deses tres anos supere o importe de licitación, sen IVE, do lote ou suma dos lotes aos cales licite.
Solvencia técnica ou profesional: relación das principais subministracións realizadas nos últimos cinco anos. O importe das subministracións idénticas ao obxecto do lote ao cal se licite, deberá ser igual ou superior, no ano de maior execución dos últimos cinco, aos establecidos na táboa:
• Lote 1:
Subministracións idénticas: test para determinación de glicemia capilar.
Importe: 201.903,45 €.
• Lote 2:
Subministracións idénticos: test cualitativo de detección de HCG en urina.
Importe: 20.055,75 €.
• Lote 3:
Subministracións idénticos: tira reactiva para análise semicuantitativa de urina mediante lectura visual, non automatizada.
Importe: 50.958,00 €.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 5 de xuño de 2017.
Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26.4.2017.
12. Outras informacións: si, ver número 28 da folla de especificacións.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos