A Academia Galega de Seguridade Pública coa Fundación Galega contra o Narcotráfico anuncia a convocatoria da xornada Os novos retos da loita contra o narcotráfico no século XXI, de acordo coas seguintes bases:
1. Datos da actividade:
Denominación: os novos retos da loita contra o narcotráfico no século XXI.
Tipo: xornada.
Edicións: 1.
Horas lectivas: 6.
Modalidade: presencial.
Obxectivos:
A xornada ten o triplo obxectivo de:
– Coñecer a situación actual da loita contra o narcotráfico en España e, en particular,
en Galicia.
– Analizar as posibilidades e/ou limitacións que ofrece o novo marco legal con mención
expresa ao novo Código penal, Lei de axuizamento criminal e outras disposicións.
– Recoller as suxestións e achegas de todos os profesionais convocados para mellorar a loita antidroga en Galicia e, por extensión, no resto de España.
Contido:
– A loita contra o narcotráfico e as drogodependencias na nova Estratexia nacional sobre drogas.
– Situación actual e perspectivas do narcotráfico en España.
– Xeopolítica internacional do tráfico de drogas.
– Lexislación contra o narcotráfico a nivel internacional.
– Código penal e Lei de axuizamento criminal na loita antidroga.
– Mesa redonda. Forzas de seguridade: suxestións para unha maior eficacia da loita antidroga.
– Servizo de Xestión de Bens Comisados en Galicia (SXB).
– Clausura.
2. Desenvolvemento da convocatoria:
Destinatarios/as:
Membros das forzas e corpos de seguridade do Estado con experiencia directa na loita antidroga, representantes do ámbito xudicial e fiscal e interesados en xeral.
Prazas ofertadas:
400, limitadas á capacidade máxima.
3. Solicitudes de participación:
a) O persoal que desexe participar nesta xornada poderá facer a preinscrición a través do proceso de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es ou enviando un corrreo electrónico indicando o nome da persoa asistente, o seu DNI, un número de teléfono e un correo electrónico, así como, de ser o caso rango/corpo/unidade a fundacioncontraelnarcotrafico@gmail.com ou no teléfono 900 10 23 00.
b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 1 de xuño de 2017.
c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax: 886 20 61 22 ou do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
Criterios de selección:
Exclusivamente por orde de inscrición.
Listaxe de solicitudes seleccionadas:
O día 3 de xuño de 2017 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.
4. Desenvolvemento da actividade:
Lugar: Agasp.
Data: 5 de xuño de 2017.
Horario: das 9.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 17.30 horas.
Certificado de asistencia:
Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta.
5. Dereitos e deberes do alumnado participante:
Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).
6. Modificacións e incidencias:
A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.
A Estrada, 9 de maio de 2017
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública