Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de corrección de erros do Plan especial en desenvolvemento da unidade de execución número 21 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de decembro de 2016, acordou aprobar a corrección de erros detectada no Plan especial en desenvolvemento da unidade de execución número 21 do PXOM do Concello de Vilagarcía de Arousa, segundo escrito presentado polo arquitecto director Manuel J. Freijeiro Martínez, que actúa en nome e representación de Mallarizo, S.L.

O número 1.6.5.1.a), na páxina 27 da memoria, onde di: «Esta aliñación obriga a recuar 5 m», debe dicir: «Esta aliñación obriga a recuar 3 m».

De conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, publícase este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, o 4 de abril de 2017 remítense dúas copias da corrección de erros, debidamente dilixenciadas, á consellería competente en materia de urbanismo para o seu coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 4 de abril de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde