Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (661/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 661/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Rumbo Viera contra Larín Comunicación Global, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou Resolución do 21.4.2017, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Larín Comunicación Global, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza