Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (expediente 7/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=111037.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 48, do 9 de marzo de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 177.272,73 €. IVE (21 %): 37.227,27 €. Importe total: 214.500 €.

Valor estimado: 322.314,05 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 26 de abril de 2017.

b) Adxudicataria: Servicios SPR Vilanova, S.L. NIF: B36597276.

c) Importe: 200.472,95 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 27.4.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: prezo máis baixo (único criterio de adxudicación do contrato).

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar