Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se fai pública a corrección de erro no cadro de características do prego cláusulas administrativas particulares da licitación anunciada mediante Resolución do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación das obras de reparación nas estacións de autobuses de Noia, Cambados e Sanxenxo.

No DOG núm. 85, do 4 de maio de 2017 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2017, pola que se anunciaba a licitación polo procedemento aberto para a contratación das obras de reparación nas estacións de autobuses de Noia, Cambados e Sanxenxo.

Advertido erro no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación no relativo ás variantes ou melloras (epígrafe N do cadro de características) e unha vez corrixido este, procédese á publicación do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=155588.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 7 da Resolución de 27 de abril de 2017, que queda do seguinte xeito:

Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 4.12.2015; DOG nº 236, do 11 de decembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda