Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 24004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 01/17).

Por acordo da Xunta de Goberno local do 6.4.2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 01/17).

2. Obxecto do contrato: xestión e organización dos campamentos de verán e Nadal 2017.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 15.000 € (máis o IVE). Campamento de verán do 03/07 ao 11/08 de 2017; campamento de Nadal do 26/12 ao 29/12 de 2017 e do 02/01 ao 05/01 de 2018.

5. Garantías: Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de abril de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa