Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23993

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria de oposición para a contratación dun operario de servizos varios na modalidade de contrato de interinidade.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión do día 8 de maio de 2017, convócase oposición para poder seleccionar a persoa que será contratada na modalidade de contrato de interinidade, para desempeñar as funcións de operario de servizos varios, previstas na base primeira das que rexen o dito proceso de selección, que resultaron aprobadas nesa mesma sesión.

O período de duración do contrato comprenderá ata que se produza a provisión definitiva da dita praza.

A retribución bruta mensual será de 1.375,06 euros, por todos os conceptos salariais (1.178,62 euros de salario mensual, rateo de pagas extraordinarias 196,44 euros).

As bases que rexen a convocatoria atópanse nas oficinas municipais á disposición dos interesados e tamén na páxina web do concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web.

Arzúa, 10 de maio de 2017

José Luis García López
Alcalde