Notifícaselles aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución dos expedientes sancionadores que a continuación se relacionan, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, estas resolucións serán firmes para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.
Ourense, 2 de maio de 2017
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expte. |
Nº acta infracción |
Nome ou razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
15/2017 |
I322016000026951 |
Marianela Altagracia González Rodríguez |
Y2046124N |
R/ E. Pardo Bazán, 14, baixo, 32800 Celanova (Ourense) |
14.3.2017 |
1.250,00 € |
23/2017 |
I322017000001365 |
Limia Céspedes, S.L.U. |
B 32294753 |
R/ Ervedelo, 11, baixo, |
10.4.2017 |
626,00 € |