Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de abril de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00290-S-2017 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00290-S-2017 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de transcorreren trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 21 de abril de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00290-S-2017

1666-DKM

Mª Nuria Nieto Prego

76898811J

Falsificación das follas de rexistro, cartóns de condutor, ou falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

7.10.2016; 9.25; avda. de Galicia con cmño. Xorxa

Art. 140.9 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-00298-S-2017

1666-DKM

Mª Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.10.2016; 9.25; avda. de Galicia con cmño. Xorxa

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00300-S-2017

1666-DKM

Mª Nuria Nieto Prego

76898811J

O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo.

7.10.2016; 9.25; avda. de Galicia con cmño. Xorxa

Art. 140.26 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00385-O-2017

5102-FMC

Álvarez Rodríguez, Manuel

13051358P

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

30.11.2016; 12.08; EP2603; 2,5

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00681-S-2017

PO2199AT

José Paz Rocamonte

35382204Q

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

30.12.2016; 17.37; estrada PO 841 (rotonda Toedo) Toedo-A Estrada; 18,2

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-00704-O-2017

8465-BMJ

Covein Trucks, S.L.

B15771264

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

26.12.2016; 18.00; PO551; 6,7

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01200-S-2017

2248CGV

Yolanda Carvajal Comesaña

36156409H

A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

17.1.2017; 9.50; r/ Conde de Torrecedeira

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-01201-S-2017

2248CGV

Yolanda Carvajal Comesaña

36156409H

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

17.1.2017; 9.50; r/ Conde de Torrecedeira

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-04027-S-2016

1311CLD

Alberto Fernández Malvido

77013590E

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado, de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

25.5.2016; 12.40; estrada acceso corredor Morrazo-PO313 Broullón 13

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-04648-O-2016

LU-7402-J

Adecon Obras y Servicios, S.L.

B27380427

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.9.2016; 15.06; N525; 307,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros