Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016236AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 7 de abril de 2017, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2016236AL-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Rosa María Moure González, propietaria do establecemento Bar Rodas 2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselle a Rosa María Moure González, propietaria do establecemento Bar Rodas 2, DNI 36019336W, con enderezo na estrada de Moledo, 38, Sárdoma, 36214 Vigo, a declaración de caducidade do expediente sancionador 2016236AL-PO, por infracción en materia sanitaria, iniciado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra, por exceder o prazo de nove (9) meses para a súa resolución.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública