Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016404TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 3 de abril de 2017, a xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2016404TA-PO, incoado a Arturo Anselmo González García, con DNI 36022139E.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Arturo Anselmo González García o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 18 de abril de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2016404TA-PO.

Denunciado: Arturo Anselmo González García, con DNI 36022139E.

Último enderezo coñecido: Baredo, 12, 36309 Baiona.

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

Artigo 7) «Prohíbese fumar, ademais de naqueles lugares ou espazos definidos na normativa das comunidades autónomas, en:

c) Centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como nos espazos ao aire libre ou cubertos, comprendidos nos seus recintos».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: trinta euros (30 €).