O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 8 de marzo de 2017, ditou resolución pola que se desestima e se alza a suspensión do recurso interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística tramitado polas obras levadas a cabo no lugar Barcia, Mar de Fora, no Concello de Fisterra, provincia da Coruña,
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Juan Marcos Traba Canosa, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.
Para que conste, e sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística