Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23587

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos de cooperación interterritorial e transnacional dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a disposición adicional primeira da referida orde reguladora dispón: «A Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia, as axudas concedidas con suxeición a esta orde, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2016, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723C.780.1, para o financiamento de proxectos de cooperación interterritorial e transnacional, ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Proxectos non produtivos

Aplicación 14.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Margalaica

Galp Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible

46.100,00 €

Galp A Mariña Ortegal

19.100,00 €

Galp Golfo Ártabro Norte

19.000,00 €

Galp Costa da Morte

13.000,00 €

Galp Ría de Arousa

37.000,00 €

Galp Ría de Pontevedra

19.000,00 €

Totais

153.200,00 €

Proxectos non produtivos

Aplicación 14.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Morada Atlántica

Galp Costa da Morte

40.291,30 €

Galp Seo de Fisterra Ría de Muros e Noia. Costa Sostible

32.578,70 €

Totais

73.500,00 €