Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se notifica a resolución pola que se declara concluído un procedemento por desistencia dos interesados.

A secretaria Xeral de Medios ditou resolución en que declara concluído o procedemento de autorización para a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual de titularidade privada na demarcación de Lalín (TL01PO) por desistencia dos interesados.

Tras intentar a notificación persoal e ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente de autorización para a transformación da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual de titularidade privada na demarcación de Lalín (TL01PO).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.

Expediente: autorización para a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva na demarcación de Lalín.

Interesada: Nós Televisión, S.L.

Resolución: 27 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios