Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 968/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 968/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Noemí Hermo Redondo, Juan José Hermo Maneiro, Saínza Hermo Redondo, Digna María Redondo Fariña contra a empresa Inox Barbanza, S.L., foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Juan José Hermo Maneiro, respecto de quen se acordou a sucesión procesual nas sucesoras Digna María Redondo Fariña, Noemí Hermo Redondo e Saínza Hermo Redondo, contra Inox Barbanza, S.L. e José María González Castro como administrador concursal de Inox Barbanza, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada Inox Barbanza, S.L. a que aboe a Juan José Hermo Maneiro, na persoa da sucesora procesual comparecida Digna María Redondo Fariña, a cantidade de 3.267,38 euros polos conceptos sinalados na demanda e no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno a José María González Castor, na súa soa condición de administrador concursal de Inox Barbanza, S.L., a estar e pasar pola devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ha lugar á súa condena nesta instancia, debéndose aplicar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselle saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inox Barbanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza