Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-1020/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-CO-1020/2016-PPM e dous mais.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 26 de abril de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1020/2016-PPM.

Persoa interesada: Joaquín María Pastoriza Otero.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida de Vigo, 164, P A, baixo dcha., Ferrol.

Expediente: PSC-CO-1023/2016-PPM.

Persoa interesada: Joaquín Vicente Pérez Hermo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vilariño de Arriba, 14, Xobre, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-1025/2016-PRE.

Persoa interesada: Ismael Mario Prieto Caramés.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Patín, 12, Oleiros.