Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 19 de abril de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 130 do polígono 136 do termo municipal do Corgo.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 19 de abril de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 130 do polígono 136 do termo municipal do Corgo (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 1 de marzo de 2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 69, do 7 de abril.

Lugo, 25 de abril de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo