Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial de altos cargos.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 44, do 4 de marzo).

Enrique de Salvador Sánchez foi nomeado e tomou posesión no cargo de xefe do Gabinete da conselleira do Medio Rural, e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Lorena Fernández Vázquez foi nomeada e tomou posesión no cargo de xefa de prensa da conselleira do Medio Rural, e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declaran no momento do seu nomeamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Enrique de Salvador Sánchez

Cargo público orixe da declaración: xefe do Gabinete da conselleira do Medio Rural

Motivo: toma de posesión

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 40.050,895 €

2. Valor total doutros bens: 38.936,185 €

3. Total: 78.987,080 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 7.304,50 €

Titular do cargo: Lorena Fernández Vázquez

Cargo público orixe da declaración: xefa de prensa da conselleira do Medio Rural

Motivo: toma de posesión

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 41.424,76 €

2. Valor total doutros bens: 26.394,70 €

3. Total: 67.819,45 €

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 36.379,82 €