Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23333

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión do 4 de maio de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.3 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar as cualificacións dos/as aspirantes convocados/as:

Apelidos e nome

NIF

Cualificación 3º exercicio

Armesto Ferrín, Alberto

33999939M

Apto

Casal Vicente, Juan Manuel

76826262Y

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal