Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23222

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato do seguro de bens (continente e contido).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: servizo do seguro de bens (continente e contido) do Concello de Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios dun tipo. SARA.

4. Valor estimado: 308.000,00 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra. Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Tfno: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal.

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

• Cuantificables por xuízo de valor: non existen.

• Avaliables automaticamente: prezo, melloras técnicas, participación en beneficios e redución de franquías.

Pontevedra, 7 de abril de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda