Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-1017/2016-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1017/2016-V e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 28 de abril de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1017/2016-V

Persoa interesada: Eduardo Ouviña Rivadulla.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Atalaya, 18, 2º B, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-1035/2016-PPM.

Persoa interesada: Dévora Ribeiro Gago.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar Outeiro Artes, bloque 2º A, baixo A, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-1060/2016-PPM.

Persoa interesada: Miguel Ángel Vázquez Ozores.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Pesqueira, 241, Cabo de Cruz, Boiro.