Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0073/2017-V e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal duas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en A Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de abril de 2017

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0073/2017-V.

Denunciado: Óscar Alberto Franco Cardona.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0069/2017-V.

Denunciado: Francisco Javier Malaza Núñez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0101/2017-V.

Denunciado: Óscar García Fuentes.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0103/2017-V.

Denunciado: Iván Ortega Chao.

Acto de notificación: acordo de iniciación

Expediente: ANP-CO-0147/2017-V.

Denunciado: Iván López Piñeiro.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0080/2017-V.

Denunciado: Jonathan Carretero Casal.

Acto de notificación: acordo de iniciación.