Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0044-2017 LSA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e será a data de publicación neste a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0044-2017 LSA.

Denunciado: Julio Martins Gudinho.

Acto de notificación: proposta de resolución.