Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de abril de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01399-S-2016 e once máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador PO-01399-S-2016 e once máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01399-S-2016

0045-DNZ

Distribuc. de Bebidas Jesara, S.L.

B36357119

Diminución do descanso semanal normal en máis de 3 horas. Igual ou superior a 36 horas e inferior a 42 horas.

1.12.2015; 7.45; r/ Venezuela

Art. 141.24.5 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02547-O-2016

9735-GDL

Walter Alejandro Espel Fernández

54430691H

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

3.3.2016; 17.06; N-552; 1,9

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-02685-O-2016

1666-DKM

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

15.3.2016; 8.35; AP9; 136,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-00922-O-2016

2385-GCP

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Transporte de mercadorías perigosas sen as instrucións escritas para caso de accidente, de conformidade co ADR.

1.2.2016; 11.53; AP9F; 25,5

Art. 141.5.1 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01066-O-2016

2774-DZR

Lodri 2015, S.L.

B70448550

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas).

Atenuante. Igual ou superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 6 horas.

2.3.2016; 13.46; N550; 80,5

Art. 141.25 LOTT Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.d) LOTT

500 euros

XC-01068-O-2016

2774-DZR

Lodri 2015, S.L.

B70448550

Diminución do descanso diario fraccionado en máis do 50 % (sobre 3+9 horas).

Atenuante. Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

2.3.2016; 13.44; N550; 80,5

Art. 141.25 LOTT Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01069-O-2016

2774-DZR

Lodri 2015, S.L.

B70448550

Diminución do descanso diario fraccionado en máis do 50 % (sobre 3+9 horas).

Atenuante. Igual ou superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 6 horas

2.3.2016; 13.42; N550; 80,5

Art. 141.25 LOTT

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

500 euros

XC-01192-O-2016

7594-HYB

Remaport Transportes, S.L.

B70349949

Atenuante. A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

20.3.2016; 2.06; AC566; 2,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

XC-01195-O-2016

8232-BNS

Leotrans 3000

B70294566

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

23.3.2016; 11.31; AC523; 0,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01278-O-2016

4950-GSG

Jorge Jesús García Souto

03089897P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

10.3.2016; 11.49; AP-9 M 1,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01279-O-2016

4950-GSG

Jorge Jesús García Souto

03089897P

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

10.3.2016; 11.53; AP-9 M 1,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01375-O-2016

NA-7436-AM

Tornado Ibérica Montajes y Mantenim.

B15819048

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen rebasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas

23.3.2016; 12.24; AC550; 70,5

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros