Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU–30/2017 RE e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 19 de abril de 2017

Victoria Núñez López
Xefa territorial en Ourense

ANEXO

Expediente: OU-30/2017 RE.

Denunciado: Nicu Arun Cirlan.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-33/2017 RE.

Denunciado: Constantín Adrián Cirlan.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-34/2017 RE.

Denunciado: Iulica Dutca.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-35/2017 RE.

Denunciado: Anghel Marcu.

Acto notificado: acordo de incoación.