Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de equipamento diverso para emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 5, prioridade 52.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 60 11 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal; proteccioncivil.emerxencias@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=137917

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 22 de maio de 2017, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2017-SUEI 01-02-03-04/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 5. Prioridade 52.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: adquisición de 10 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Lote 2: adquisición de 19 remolques para atención ás emerxencias.

Lote 3: adquisición de 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Lote 4: adquisición de 9 baúles de salvamento.

d) Lugar de execución: o indicado na letra M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 34113200-4, 34144200-4, 34114110-3, 34131000-4, 34220000-5, 34522450-1 e 34221100-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 700.247,93 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 700.247,93 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito: lote 1: 295.041,32 €, lote 2: 254.380,17 €, lote 3: 99.504,13 €, lote 4: 51.322,31 €.

Importe total: 847.300,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito: lote 1: 357.000,00 €, lote 2: 307.800,00 €, lote 3: 120.400,00 €, lote 4: 62.100,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído) por cada un dos lotes.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia:

Económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 22 de maio de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sala D do edificio da Pirámide.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.00 horas do día 1 de xuño de 2017.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza