Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22785

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio), pola que se adoptan varios acordos.

En sesión que tivo lugar o día 3 de maio de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de novembro de 2016 (DOG núm. 231, do 2 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta puntos (50 puntos).

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo de acordo co disposto na base II.1.2.8.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, concédese un prazo de dez días hábiles para os efectos de presentar alegacións con relación ás puntuacións obtidas polos aspirantes, que se contarán desde a publicación no DOG desta resolución.

Cuarto. De acordo ao disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal