Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de marzo de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros no porto de Porto do Son, solicitada pola Confraría de Pescadores de Porto do Son (expediente 12-44-15-C-1).

A Confraría de Pescadores de Porto do Son solicita unha concesión administrativa con destino á explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros no porto de Porto do Son, xa existentes.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia