Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22580

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes de axuda para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 17, do 25 de xaneiro), publicáronse as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 procedéndose á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2017, por trámite anticipado de gasto.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir aos solicitantes incluídos nos ditos anexos para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao que accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, trala correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG208.2017.1.1

Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro

G32252587

IG208.2017.1.2

Clúster de Pizarra de Galicia

G32405979

IG208.2017.1.4

Anfaco

G36625309

IG208.2017.1.5

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

IG208.2017.1.6

Confederación Empresarial de Lugo

G27019793

IG208.2017.1.7

Asociación Wines From Galicia

G32447559

IG208.2017.1.8

Agmma (Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines)

G36912962

IG208.2017.1.9

Fundación Ctag (Centro Tecnológico de Automoción de Galicia)

G36871424

IG208.2017.1.10

Consello Regulador Rías Baixas

Q8655030H

IG208.2017.1.11

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG208.2017.1.12

Fundación Clúster Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG208.2017.1.13

Asociación Galega de Áridos

G36345718

IG208.2017.1.14

Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

IG208.2017.1.15

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

V27218643

IG208.2017.1.16

Asociación Gallega de Ferias - Agafe

G32429953

IG208.2017.1.17

Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense

G32015729

IG208.2017.1.18

Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco)

G36942720

IG208.2017.1.19

Consello Regulador D.O. Ribeiro

Q8255201I

IG208.2017.1.20

Rede Galega de Empresas

G15803760

IG208.2017.1.21

Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia

G36969525

IG208.2017.1.22

Asociación de Industrias Culturales de la provincia de Ourense

G32479446

IG208.2017.1.23

Confederación de Empresarios de Pontevedra (Cep)

G36615219

IG208.2017.1.24

Federación Gallega de Asociaciones y Gremios de Joyeros, Plateros y Relojeros

G15086366

IG208.2017.1.25

Asociación Clúster del Granito

G36644961

IG208.2017.1.26

Asociación Galega da Propiedade Balnearia

G15079619

IG208.2017.1.27

Asociación de Empresarios da 1ª. Transformación da Madeira de Lugo

G27030915

IG208.2017.1.28

Clúster del Sector Pesquero Extractivo y Productor - Clupesca

G27709070

IG208.2017.1.31

Asociación Clúster da Madeira de Galicia

G32290439

IG208.2017.1.32

Clúster TIC Galicia

G70157581

IG208.2017.1.33

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG208.2017.1.34

Asociación Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia

G27428465

IG208.2017.1.35

Clúster da Comunicación Gráfica

G70115282

IG208.2017.1.36

Asociación Clúster del Naval Gallego

G15710338

IG208.2017.1.37

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212