Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 20 de abril de 2017 pola que se notifica o Acordo do 23 de febreiro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 40, sito en Cerceda, relativo ao proxecto 01624 (expediente 2016/001009).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Alberto Lamas García o Acordo do 23 de febreiro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 40, sito en Cerceda, relativo ao proxecto 01624 (expediente 2016/001009), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01624-ampliación e mellora do trazado da CP 2404 A Laracha-A Silva por Golmar p.q. 11,850 ao p.q. 13,710.

Nº de expediente: 2016/001009.

Persoa que se vai notificar: Alberto Lamas García.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiado: Alberto Lamas García.

Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 40.

Concello: Cerceda.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 6.158,08 €.