Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas Festas de Ourense 2017.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal

d) Número de expediente: 2017007431 (ref. 2447).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas Festas de Ourense 2017 (lote 1: praza Maior, lote 2: Xardín do Posío, lote 3: praza do Ferro, lote 4: praza San Martiño).

c) Lugar de execución/entrega: concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato comezará coa súa sinatura e terminará o día sinalado para cada un dos lotes, debendo estar os escenarios completamente desinstalados o 2 de xullo.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 51313000-9 (servizos de instalación de equipamento de son), 51314000-6 (servizos de instalación de equipamento de vídeo), 92370000-5 (técnico de son), 32342410-9 (equipamento de son).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 47.933,88 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: lote 1: 24.739,39 euros, lote 2: 9.090,91 euros, lote 3: 5.785,12, lote 4: 8.264,46 euros. IVE: lote 1: 5.206,61 euros, lote 2: 1.909,09 euros, lote 3: 1.214,88 euros, lote 4: 1.735,54 euros. Importe total: lote 1: 30.000 euros, lote 2: 11.000 euros, lote 3: 7.000 euros, lote 4: 10.000 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 15 (doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 28 de abril de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde