Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 20 de marzo de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Cantiño.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Cantiño e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 22.2.2017, José Manuel Dios Cores solicitou autorización para a transmisión da concesión e da batea Cantiño.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Augusto Manuel García Cores (35451053A), María Yolanda Rial Millán (35457538W), Ramón García Cores (35462798H) e María Elsa Galiñanes García (76864868H), da concesión que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cantiño.

Situación:

Cuadrícula nº: 256.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.10.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: José Manuel Dios Cores (35419746E).

Novos titulares: Augusto Manuel García Cores (35451053A), María Yolanda Rial Millán (35457538W), Ramón García Cores (35462798H) e María Elsa Galiñanes García (76864868H).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de marzo de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo