En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais, e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93757
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 22 de decembro de 2016, BOE do 29 de decembro de 2016 e DOG do 11 de xaneiro de 2017.
e) División por lotes e número: si, lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes; lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 3.877.530,00 € (IVE exento).
Valor estimado: 8.344.396,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións)
5. Financiamento: fondos propios libres.
6. Adxudicación e formalización do contrato.
Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.
a) Data de adxudicación: 10 de marzo de 2017.
b) Adxudicataria: UTE Babcock Missión Critical Services Galicia, S.L., Babcock Mission Critical Services España, S.A., Consultoría Natutecnia, S.L.
c) Importe: 3.203.442 €, exento de IVE.
d) Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2017.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.
Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.
Data da resolución que declara deserta a licitación: 10 de marzo de 2017.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural