De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante esta cédula a Dolores Iglesias Gacio o Acordo do 26 de xaneiro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio 102 Co3, sito en Vedra, relativo ao proxecto 01350 (expediente 2016/000678), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01350-modificado do proxecto reformado de ampliación e mellora de trazado da Cp-8203. Vedra-ponte de Santa Lucía, do p.q. 4,700 ao p.q. 8,130.
Nº de expediente: 2016/000678.
Persoa que se vai notificar: Dolores Iglesias Gacio.
Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.
Expropiada: Dolores Iglesias Gacio.
Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.
Predio nº: 102 Co3.
Concello: Vedra.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 467,96 euros.