Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22533

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de xestión do centro de visitantes do Parque de Montealegre.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de xestión do centro de visitantes do Parque de Montealegre:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015027974, ref. 2386.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión do centro de visitantes do Parque de Montealegre.

c) CPV: 79993100-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.11.2016, 7.11.2016 e 10.11.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 11,00 euros/hora. IVE: 2,31 euros. Importe total: 13,31 euros/hora.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de marzo de 2017.

b) Data de formalización: 6 de abril de 2017.

c) Contratista: Xestores Medioambientais de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 8,75 euros/hora. IVE: 1,84 euros. Importe total: 10,59 euros/hora.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións, de conformidade cos informes técnicos que constan no expediente.

Ourense, 7 de abril de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde