Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de abril de 2017 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente COR/7/2013-C1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 21 de marzo de 2017, unha resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/7/2013 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 13 de maio de 2014, na que se ordena a demolición dunha instalación dunha caravana e construción de cinco galpóns, realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Vila, no termo municipal de Cariño, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Miguel A. Castro Peña, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquél en que se teña producida a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercitan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística