Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dos requirimentos de documentación preceptiva relativos ao procedemento BS611A.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, cando o interesado non poida persoarse físicamente, para ser notificados por comparecencia, dos requirimentos de documentación preceptiva relativos ao procedemento BS611A segundo prevé o artigo 71.1 da Lei 30/1992.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

No caso de non aportar a devandita documentación considerarase desistido da súa petición, que será arquivada previa resolución ditada de conformidade cos artigos 42.1 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 27 de marzo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Requirimento de documentación de data 17.1.2017

CO215607

79323192X

Caamaño Mejuto, Isidro

Requirimento de documentación de data 24.1.2017

CO215715

32306895Z

Cao Lata, Avelina

Requirimento de documentación de data 7.11.2016

CO174891

32774394S

Cedeira Veiras, Francisco Javier

Requirimento de documentación de data 8.2.2017

CO215925

30917386G

Ferreira Rodríguez, Manuela

Requirimento de documentación de data 14.12.2016

CO188959

76506201J

Gómez Quintas, María Victoria

Requirimento de documentación de data 20.12.2016

CO161115

49470969Q

Roquer Freire, Miguel