Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2016/1232-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, que se sinalan no anexo deste anuncio o Acordo do 14 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expte.: IN407A 2016/1232-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Pedrafigueira II.

Concello: Carnota.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Cultivo: Prado.

Propietarios: herdeiros de Vicente Lago Lago.

Afección de solo en pleno dominio: centro de transformación – 35.0 m2.