Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22157

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 82/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Amorín Fernández contra Obradoiro de Socioloxía, S.L., Meydemo, S.L., Araldi, S.L. e Mutua Universal, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada na Seguridade Social.

– Citar as partes para que comparezan o día 28.9.2017, ás 10.05 horas, na Secretaría deste xulgado para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza, o día 28.9.2017, ás 10.10 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtese ás partes que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá ter o xuíz á demandante por desistida da demanda e, se se trata das demandadas, non impedirá a celebración do acto de xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Tense por presentada a documentación que acompaña a demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de cal deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistida representada de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta pola demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

En canto á documental solicitada, paso a dar conta á súa señoría, para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Araldi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza