Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación do expediente sancionador IN 635C 2017/22-1 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse as interesadas de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 24 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635C 2017/22-1.

Interesada: Fire Code Systems, S.L.

CIF: B70310925.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Arteixo.

Expediente: IN 635C 2017/27-1.

Interesada: Juma Calor, S.L.

CIF: B15474976.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Narón.

Expediente: IN 635C 2017/30-1.

Interesada: Eine Hispania, S.L.

CIF: B70259726.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Oleiros.

Expediente: IN 635C 2017/31-1.

Interesada: Montajes Biermar, S.L.

CIF: B70178785.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Culleredo.

Expediente: IN 635C 2017/35-1.

Interesada: Intersteel Structures, S.L.

CIF: B70323795.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Culleredo.