Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de organización dos actos que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2017 (4 lotes), mediante contratación documentalmente simplificada.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93962

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 244, do 23 de decembro de 2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: organización dos actos que vai desenvolver a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2017 (4 lotes).

Lote 1: Boloña.

Lote 2: Bos Aires.

Lote 3: Frankfurt.

Lote 4: Guadalajara (México).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 119.834,71 €, IVE excluído.

Lote 1: 20.661,16 €, IVE excluído.

Lote 2: 41.322,31 €, IVE excluído.

Lote 3: 24.793,39 €, IVE excluído.

Lote 4: 33.057,85 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

Lote 1: Boloña.

a) Data da adxudicación: 20 de marzo de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 28 de marzo de 2017.

c) Contratista: Escenoset, S.L.

d) Importe de adxudicación: 16.950,00 €, IVE excluído.

Lote 2: Bos Aires.

a) Data de adxudicación: 20 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 28 de marzo de 2017.

c) Contratista: Halcón Viajes, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 36.900,00 €, IVE excluído.

Lote 3: Frankfurt.

a) Data de adxudicación: 20 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 28 de marzo de 2017

c) Contratista: Escenoset, S.L.

d) Importe de adxudicación:19.990,00 €, IVE excluído.

Lote 4: Guadalajara (México).

a) Data de adxudicación: 21 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 12 de abril de 2017.

c) Contratista: Dunas Vivas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 26.600,00 €, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obteren a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria