Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, varios criterios de valoración e tramitación urxente, do servizo de recollida de aceites vexetais usados no municipio de Vilalba.

Por medio deste anuncio, faise público que o Concello de Vilalba convoca procedemento aberto, con varios criterios de valoración e tramitación urxente, para a realización do servicio de recollida de aceites vexetais usados no municipio de Vilalba (Lugo).

Valor estimado do contrato: non xera gasto inmediato ningún para a Administración.

Prazo de execución: 2 anos con posibilidade de dúas prórrogas anuales cunha duración máxima do contrato de 4 anos (artigo 62 do Real decreto 1993/1995).

Os interesados poden acceder á información complementaria a través do perfil do contratante, no enderezo: vilalba.sedeelectronica.es

Vilalba, 11 de abril de 2017

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde